Redes Sociais
Dende o departamento de Redes Sociais, encargámonos de difundir en diversas plataformas (Facebook, Instagram, TikTok…) todo o traballo que realizamos, asegurando unha comunicación eficaz e atractiva. Ademais, proporcionamos información útil para os usuarios dos nosos distintos servizos, como o Portal de Asociacións, Emprende na Rede, Programa de Emprego e Terras Atlánticas, reforzando así a súa visibilidade e alcance.
Pasos previos
Situación de partida
As redes sociais tiñan unha planificación organizada, pero carecían dunha proposta estética sólida e coherente. Esta falta de uniformidade gráfica dificultaba a creación dunha identidade visual recoñecible e impedía establecer unha estratexia visual eficaz para conectar coa audiencia.
Análisis e procedemento
Realizouse un estudo das redes sociais existentes para identificar puntos fortes e áreas de mellora. Neste proceso, definíronse unhas liñas gráficas e estilísticas para unificar a estética das publicacións. Ademais, establecéronse pautas de planificación e xestión de contidos que permiten unha comunicación máis estruturada e efectiva.
Mantemento
Actualmente, cada integrante do equipo de traballo xestiona un servizo específico, seguindo unha planificación semanal estruturada que combina contido informativo e visual atractivo. Mantemos unha actualización constante para adaptarnos ás tendencias e mellorar a interacción e o impacto das publicacións.